Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 18
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
A Coordinadora Nacional ten como deber a aplicación dos acordos emanados das
Asembleas Nacionais así como a elaboración de documentos a debate nas asembleas de
base.
A Coordinadora Nacional reúnese unha vez ao mes convocada pola responsable nacional
correspondente tendo que ser esta convocatoria enviada xunto con toda a
documentación a debate na reunión coa antelación necesaria para que sexa debatida
correctamente chegando á maioría de persoas posible.
As responsabilidades individuais dentro da Coordinadora Nacional son elixidas por esta
na súa primeira reunión. Porén, a Asemblea Constituínte propón de xeito non vinculante
as seguintes areas de traballo, pódendo variar en función das necesidades para a
coordinación da organización:
•Organización e finanzas: É a encargada de convocar as xuntanzas da coordinadora e de
ostentar a secretaría de actas nas mesmas. É o seu deber
tamén xestionar o aparello interno de Estudantes sen Futuro asegurando a democracia e
comunicación interna. Encárgase da extensión organizativa.
Controla e xestiona as finanzas de Estudantes sen Futuro e organiza os diferentes
métodos de autofinanciamento da organización.
•Comunicación e pro Y