Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 17
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
• Á elección dunha persoa que exerza de enlace comarcal,entre a comarca e a
coordinadora nacional, e a elección das responsables comarcais.
• Á coordinación do traballo de varias asembleas dunha mesma comarca de cara a
mobilizacións ou accións que se desenvolvan neses territorios e/ou que precisen dun alto
grao desta.
2.3. Coordinadora Comarcal
A Coordinadora Comarcal é o órgano de canalización do debate e coordinación a nivel
comarcal de Estudantes sen Futuro. Está conformada polas responsables das asambleas
bases (unha ou dúas por centro), pola persoa coa función de enlace comarcal que será
tamén a encargada da organización, e levando actas e convocando as reunións, e as
finanzas da comarca. Tamén formarán parte desta coordinadora unha serie de
responsables comarcais, existenentes para mellorar a organización do traballo a nivel
comarcal e restándolle algún deste traballo ás asembleas de base. Dende a asamblea
nacional propoñemos as seguintes áreas para a división do traballo:
•Muller: para a xestión do traballo feminista a nivel comarcal e a transmisión das
propostas e decisión das comisións da muller a súa comarca correspondente.
•Axitación estudantil: é a encargada de organizar e dirixir o traballo relacionado
coas mobilizacións e folgas.
•Acción externa: é a responsable das relacións de Estudantes sen Futuro co resto de
organizacións presentes na comarca á que pertenza.
Estas responsabilidades comarcais tamén poden estar presentes nas asambleas bases,
como por exemplo comunicación e propaganda, e ter unha función de organización do
traballo no eido correspondente.
2.4. Coordinadora Nacional.
Sen entrar en contradición co carácter asemblear e democrático do noso movemento,
establecemos a creación dun órgano encargado de coordinar o traballo e tomar decisión
a nivel nacional, recollendo sempre as opinión das asambleas comarcais, entre as
Asembleas Nacionais: a Coordinadora Nacional.
17