Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 20
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
3. A Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro elixirá por votación entre as propostas
que se presenten á ou ó futuro responsable. Seguiranse os criterios de experiencia,
capacidade de traballo, dispoñibilidade, xénero e comarca de procedencia.
4. Posteriormente as persoas escollidas repartirán entre si nunha coordinadora nacional
as distintas responsabilidades nacionais.
2.5. As Comisións da Muller
Dada a dobre dificultade que supón na sociedade actual ser estudante e ser muller en
Estudantes sen Futuro existen as chamadas “Comisións da Muller” que son asambleas de
traballo constituídas por todas as mulleres da asociación e cuxa función consiste en
elaborar propostas para a loita contra o patriarcado dun xeito no que unha membra
poida axudar a solventar o problema dunha compañeira dende un punto de vista moi
próximo ao seu.
A persoa encargada de levar as propostas e decisión destas comisión á Coordinadora
nacional sería a responsable de muller, ao mesmo tempo as responsables comarcais de
muller serán as encargadas de transmitilas ás súas comarcas.
2.6. As comisións de traballo:
Poderán ser constituídas por acordo da Asemblea Nacional ou a Coordinadora Nacional
comisións de traballo que terán como obxectivo desenvolver unha determinada tarefa
repartindo os esforzos derivados da mesma entre todas as estruturas de Estudantes sen
Futuro.
20