SORTE DE BOIS
Este era Manuel Souto Fariña, da Gándara, do lugar de Parga, que tiña unha parella de bois que
moito lle valeran na vida e xa se verá por que o digo. De cando en vez, o home iba con eles xunto ó
ferrador e pasaba alí un bo anaco mentres llos amañaba hastra retomar o camiño para a casa.
E así foi nun día destes, cando o colliu a noite no camiño de volta. Ía por unha corredoira chea de
toxos e silvas nas beiras -coma a maioría- e os bois acanda el atados por unha corda e cunha vara na
man.
Nisto viña cando empezou a ver unhas luces alá ao final do camiño que viñan cara el. Manolo ao
primeiro non fixo de caso, habíalle parecer que sería alguén cun fachuzo de palla. Pero, logo cambiou
de opinión cando as viu nunha especie de procesión e máis aínda cando as sentiu berrar:
–
Aparta do camiño, atrevido... aparta”.
E el vaia se quixo apartar, pro os bois non o seguían. Daquela, xa co medo no corpo, amarrou a corda
e agatumouse baixo as cabezas dos bois pechando os ollos. Foi nese intre cando sentiu que pasaban
por riba, cun ruído que semellaba un enxame de abellas e nésperas todas xuntiñas. Sempre que
alguén contaba o conto se dícía: “gracias aos bois que teñen cornos, a saber que sería del senón”.