47 | Page 25

ANDURIÑA Pax 25
Libreiros de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas . Como todos sabemos , Luísa Castro é hoxe unha destacada escritora , tanto en lingua galega como en lingua castelá .
O 13 de maio de 1987 o Colexio recibe a Autorización da Xunta de Galicia para impartir o ensino Mixto , comezando esta nova etapa no curso 1987-1988 . Este cambio trae unha novidade : a incorporación do mestre Juan Vivero , o primeiro profesor leigo do Centro . Tamén neste ano ten lugar a celebración do Primeiro Día da Familia , co resultado dunha festa agradable e chea de sorpresas . En anos posteriores esta iniciativa foise consolidando dentro das actividades escolares .
Coa entrada en vigor da E . S . O . ( 1994 ), prodúcese o aumento de dúas unidades e , ao mesmo tempo , increméntase o claustro de profesores .
En anos posteriores tamén se conseguiron varios premios ( Pintura , redacción ) e en deportes chegaron a ser campións de Galicia ( Atletismo benxamín ); subcampións de Galicia ( Atletismo Infantil por equipos ); e varias veces campións provinciais en varias especialidades , dando unha imaxe dinámica e atractiva do centro .
Un acontecemento notable para esta Casa ten lugar o 5 de xullo de 1987 cando Sor Dolores Posada López é nomeada Superiora Xeral da Congregación . Na documentación do centro podemos ler : Tanto las Religiosas , Profesoras y alumnas le enviamos nuestra más ardiente enhorabuena con los deseos de verla pronto y dársela personalmente . (…) La alegría fue general para los habitantes de este bonito pueblo de Foz al saber que el cargo más importante de la Congregación de las hermanas del Colegio del Pilar lo había obtenido una de sus paisanas .(…) Es curioso recordar que con esta elección es la tercera Superiora General que sale elegida de esta Casa .
No curso 1996-1997 ten lugar un acontecemento notable : a Celebración do 50 Aniversario da presenza das Relixiosas no Pobo de Foz cunha Eucarístia na Igrexa Parroquial ateigada de xente . Consultando de novo o Libro de Crónicas , destacamos o seguinte :
(…) Tuvimos la grandísima suerte de que nos acompañara nuestra Superiora Provincial Sor Alicia González del Río y la secretaria , Sor Laura García Ramos , que colaboraron en la preparación de la fiesta . La Comunidad del Colegio invitó a varias hermanas que fueron moradoras de este Centro . También se tuvo en cuenta a las antiguas alumnas del Colegio viejo , como así se le viene llamando vulgarmente (…) atendiendo a nuestra invitación llegaron de varios lugares de distintas provincias de España , resultando estos encuentros muy emocionantes .
Despois da Eucaristía , descubriuse unha placa conmemorativa na fachada do Colexio doada polo Concello . A estes actos , ademais de relixiosas , alumnas , ex alumnas e pais de familia , acudiron o Sr . Bispo de Mondoñedo , varios sacerdotes e relixiosos , o Sr . Alcalde e membros da Corporación Municipal , e moitos veciños e persoas achegadas ao Colexio ,