47 | Page 26

ANDURIÑA Pax 26 resultando un día de profundas emocións e dunha convivencia moi positiva que recordarán todos os asistentes .
Unha novidade na vida docente prodúcese en 2006 co nomeamento de Director de Juan Vivero , que viña exercendo o cargo de Xefe de Estudos durante varios anos . As relixiosas deixan paso na dirección a un leigo . Hoxe segue ocupando este cargo .
No curso 2010-2011 o Colexio incorpórase á Rede de Centros Plurilingües de Galicia , sendo un centro pioneiro na comarca , impartindo en inglés a área de Plástica desde 1 º a 6 º de Primaria e unha máis de inglés en 1 º e 2 º de E . S . O . No curso 2020-2021o colexio consegue o nivel Bilingual Excellence Model , sendo o único centro BEDA da Mariña .
Con motivo deste medio século de vida , publicouse o libro 50 Aniversario Colegio Ntra . Sra . del Pilar . Ao longo de 120 páxinas vai desenvolvendo a historia do centro con datas sinaladas ; opinións diversas de relixiosas , alumnas , ex alumnas e persoas próximas ; orlas ; fotografías de distintas épocas , etc .
En 1998 instálase un ascensor para facilitar o acceso aos pisos superiores .
O Colexio segue avanzando e un dos obxectivos do novo milenio vai ser a construción dun polideportivo cuberto . É unha arela desexada desde hai tempo , xa que o deporte é un piar básico na educación e o colexio participa en diversas competicións . As relixiosas mercan unha finca situada na parte posterior do Colexio cunha superficie de 2105 m2 . No ano 2001 redáctase o proxecto cun presuposto de 54.663.920 . - Pesetas , e dous anos máis tarde a obra está rematada . O centro xa conta cun Polideportivo cunha capacidade de 300 persoas e cun plano libre e cuberto de 42 x 28 m . con vestiarios e dependencias anexas . A inauguración ten lugar o 5 de abril de 2003 coincidindo co Día da Familia e cun programa de actos que inclúen unha Eucaristía e Bendición do Pavillón , actuacións musicais , deportes e un Fin de Festa co título “ La Fuente de la Vida ”.
Ao longo do ano 2013 , moitas das actividades estiveron centradas na celebración do Centenario da morte da Nai Paula Gil Cano , fundadora da Congregación , co lema “ Coñecer a Nai Paula e intentar imitala ”. Murais , actividades artísticas , certame literarioartístico … axudaron a coñecer a súa vida e a súa obra .
O uniforme do Colexio é un detalle identificativo . Despois de moitos anos en que predominaba a cor azul , en 2018 decidiuse cambialo por outro para darlle un aire de modernidade .
En marzo do ano 2020 , coincidindo co confinamento pola pandemia do Covid , utilizouse a ferramenta Classroom como plataforma , así como videoconferencias co alumnado por Meet e outros medios on line .
5 . - ACTUALIDADE
Actualmente , a Comunidade Franciscana está formada por 6 relixiosas : Sor Dolores Posada López , Superiora ; Sor Asunción Panera García , Directora titular ; Sor Concepción Cuevas Flores , Sor Purificación Villasuso Tembrás , Sor Sara Fernández Conde e Sor Carmen Blanco Arias , que aínda que non dan clase , velan polo bo funcionamento do Colexio