47 | Page 24

ANDURIÑA Pax 24 de Sor Dolores Piñeiro , el 22 de febrero de 1956 ; la de Sor Carmen Moreda el 19 de marzo de 1962 y la de Sor M ª Cruz Posada el 4 de noviembre de 1965 .
Nestes anos xa se nota que moitas mulleres de Foz e dos arredores aprenderon a ler , escribir , coser , bordar … recibindo o efecto benéfico da presenza das monxas na vila . Moitas rapazas seguiron estudando o Bacharelato , e grazas ao Colexio puideron emprender estudos superiores .
O 10 de decembro de 1968 , Sor Mercedes , Superiora do Colexio , solicita a Licencia Municipal para construír o novo centro . A obra farase en fases , comprendendo a primeira as aulas da planta baixa cun presuposto de 2.000.000 . - millóns de pesetas . Unha semana despois ( día 17 ) concédese a correspondente Licencia nos terreos próximos á Avda . López Real .
Mentres tanto , varios profesores do Colexio Martínez Otero ( PP . Maristas ) van impartir clases ao Colexio do Pilar , así como algún sacerdote dos arredores , e varias relixiosas do Pilar van dar clases ao Martínez Otero .
Co novo centro en construción , no curso 1972- 1973 comeza unha nova experiencia : as mozas de 3 º e 4 º de Bacharelato asisten ás clases ao Martínez Otero , convertendo estas aulas en ensino mixto .
4 . - NOVO COLEXIO
Pasan os anos e a vida do colexio segue o seu curso . Monxas que se van e outras que veñen . Nenas que acaban os seus estudos e marchan , e outras que entran con novas ilusións . No ano 1965 mércanse uns terreos para construír un novo colexio . Hai que poñerse á altura dos tempos para ofrecer unha mellor calidade do ensino .
No curso 1974-1975 as alumnas da segunda etapa de E . X . B . ( 6 º, 7 º e 8 º) inauguran as novas instalacións . As relixiosas trasládanse para impartir clases pero aínda residen no “ colexio de abaixo ”. Definitivamente , a residencia das irmás e a totalidade das clases teñen lugar no curso 1977-1978 .
O 17 de marzo de 1977 nace a Asociación de Pais de Alumnos do Colexio co único obxectivo de colaborar coas persoas e Órganos Reitores do Centro coa finalidade de conseguir unha mellor formación do alumnado .
En abril do mesmo ano sae á rúa o n º 1 da Revista Vieiro , financiada polas A . P . A . dos Colexios do Pilar e Martínez Otero , sendo un medio de comunicación e información da actividade colexial . Posteriormente vería a luz a Revista Anduriña .
En 1981 o Colexio vai ser coñecido un pouco máis en Galicia . A alumna Luísa Castro Legazpi ( 8 º E . X . B .) recibe o Primeiro Premio do Concurso convocado pola Federación de