ANDURIÑA Pax 23
No mes de xaneiro de 1947 o centro xa funcionaba con normalidade coas aulas divididas segundo a idade e os coñecementos das alumnas . Había un pequeno internado para nenas dos arredores que compartían a ensinanza coas veciñas de Foz , encontrando , ademais , calor familiar .
O traballo das monxas non se queda só nas clases das nenas , tamén impartían clases nocturnas , gratuítas , para as rapazas que non sabían ler . Era fácil velas saír de excursión polos arredores , organizar veladas de teatro , festivais ou xogos .
Unha idea deste progreso dánola unha interna : No internado do ano 1958 éramos 9 nenas , e en 1961 xa chegamos a 16 . No primeiro andar tíñamos o dormitorio , moi cerca da capela e , no segundo andar o comedor . O horario tipo era o seguinte :
07,00 : levantarse ; 08,00 : Misa na Parroquia ; 09,00 : Almorzo ; 09,30-12,30 : clases ; 13,00 : xantar 14,45-16,45 : clases ; 17,00 : merenda ; 18,00 : estudo , tarefas ; 20,30 : cea ; 22,00 : silencio .
Sendo Superiora a Nai Purificación , o número de alumnas do pobo e dos arredores , internas e medio-pensionistas foi medrando progresivamente e o Colexio facíase insuficiente a pesar de que se utilizaban para clases corredores e escaleiras . A Comunidade tamén se fixo máis numerosa coa chegada de Sor Bienvenida Castrillo e Sor Presentación Sánchez .
Os xoves pola tarde non había clase e os domingos saían polos arredores , cando o tempo o permitía , e tamén xogaban no pequeno patio con nenas da vila . A procedencia das internas era dos pobos e parroquias dos arredores : San Martiño , Nois , Burela , San Cibrao , Barreiros , Valadouro …
O labor catequético e o estilo de vida das irmás crean vocacións relixiosas entre mozas da vila e dos arredores . O citado Libro de Crónicas informa : Con toda solemnidad se celebraron en la Iglesia Parroquial del pueblo la Profesión Perpetua de tres hijas de esta tierra gallega : la