47 | 页面 22

ANDURIÑA Pax 22
3 . VIDA COLEXIAL E PASTORAL DOS PRIMEIROS ANOS .
As monxas chegan a Foz o 27 de maio de 1946 , unha vez superados os trámites administrativos e contando co edificio da Praza para impartir clases , propiedade da Fundación , que nese momento está ocupado polos Menesianos debido á construción dun novo colexio de nenos . A expectación é grande e a maioría dos veciños da vila achéganse a Vilaxoane para dar a benvida ás tres relixiosas que ían comezar esta “ aventura escolar e pastoral ”: Sor Socorro Barragán Villoria , Sor Purificación Cruz e Sor Constanza de Oña . Nun principio , instálanse provisionalmente no Asilo durante uns meses . con persoas daquela época , sabemos que as relixiosas comezaron a súa actividade escolar – polas tardes- na Escola da Casa de Boni , preto do Asilo . As nenas máis pequenas recibían clase de lectura , escritura , contas … Como a aula era pequena , a Familia de Balbino de Botes cedeu un local onde as nenas maiores aprendían a coser , bordar , mecanografía , taquigrafía … Din as alumnas que Sor Constanza bordaba magnificamente , que sabía moita música e tocaba o piano .
A comunidade foise integrando na vida do pobo . Na Igrexa Sor Constanza tocaba o armonio e ensinaba cancións para as novenas , panxoliñas polo Nadal e , incluso , comezou a funcionar un coro . Os domingos había catecismo para os nenos , sendo as monxas as que preparaban para os que ían recibir a Primeira Comuñón .
Con motivo do Centenario da Fundación da Congregación , a Revista colexial Vieiro ( n º 11 ) elaborou unha enquisa para saber a opinión das primeiras alumnas do Colexio . Grazas aos datos aportados , e polas conversas mantidas
O Libro de Crónicas n º 1 do Colexio di que cando os Menesianos deixan a casa da Praza , fanse algunhas reformas , instálase a comunidade , quedando como primeira superiora a Nai Socorro Barragán , Os comezos foron duros . Sor Purificación dicía que non tiñan auga corrente , que tiveron que pedir prestados uns colchóns e que a primeira noite tiveron que baixar á casa de D ª Balbina a pedir prestado un pouco de aceite para facer a cea . D . José Ramón Muíña ( tesoureiro do Comité de pais “ pro-colexio-nenas ”) dicía que o pobo envorcouse cos seus donativos para manter o Colexio das irmás pero aínda carecían de moitas cousas ( Revista Vieiro ). Veciñas da Praza e ex-alumnas afirman que todos axudamos a limpar a casa : a lavar colchóns , pintar paredes … e aportamos alimentos como patacas , peixe , verdura … No segundo andar estaba a clausura ; a cociña , no primeiro e os baixos dividíronse con madeira creando 4 aulas . Para conseguir fondos tamén se organizaron veladas de teatro e co diñeiro que sacábamos mercamos materiais para o Colexio .