ANDURIÑA Pax 21 ben promover a venta da casa para construír outro edificio escolar que teña reservadas habitacións para a comunidade relixiosa docente .
O Sr . Cura de Vilaronte , vogal do Padroado , D . Jesús Losada Ares , vai ser o encargado de facer as xestións coa Congregación Franciscana que tivo un Colexio de nenas en Merille , que coñecera da súa época de Párroco de Bravos . Esta congregación nacera en Murcia grazas á entrega da Nai Paula de Jesús Gil Cano , fundadora das Irmás Terciarias Franciscanas da Purísima .
- Que as relixiosas dan a ensinanza gratuitamente e que os fondos do Padroado non son suficientes para atender ao sostemento das mesmas . - Que , polo momento , hai dificultades para crear Escolas Nacionais , pois habería que construír os edificios , xa que non existen casas nin locais vacantes .
O 15 de setembro de 1944 , D . Jesús recibe unha carta da Superiora Xeral das Franciscanas , Sor Cecilia Bermejo , que di : La presente es portadora de una grata noticia : el Consejo General acepta la fundación de Foz ; espero nos manden cuanto antes las condiciones en que hemos de hacernos cargo de la fundación , detallando nuestras obligaciones y nuestros derechos …
O Padroado e o Alcalde solicitan da Inspección Provincial de Ensinanza Primaria de Lugo que se conceda a condición de Escolas Nacionais ao Colexio de Nenas da Fundación a cargo das Relixiosas Terciarias Franciscanas . Entre as alegacións presentadas destacamos :
O 15 de decembro de 1944 a Inspección de Zona concede a condición de Escuelas Nacionales a la “ Escuela Virgen del Pilar ” de Foz , a cargo de Religiosas Terciarias Franciscanas de la Purísima y la subvención correspondiente .
- Que as dúas escolas nacionais de nenas son insuficientes para atender a poboación escolar .