47 | Page 20

ANDURIÑA Pax 20
O 27 de decembro de 1935 constitúese a Xunta de Patróns do Asilo . Na acta correspondente poden lerse os documentos presentados . O n º 6 di : Instancia del Patrono solicitante en la que se hacen constar de una parte la imposibilidad legal , atendidos los preceptos constitucionales y las dificultades prácticas que existen para establecer la Escuela de Nuestra Señora del Pilar anexa al Asilo , por lo que solicita se declare la caducidad de esta atención docente . A acta di que o Ministerio de Traballo , Sanidade e Previsión dispón que se declare caducada a finalidade docente asignada á Escola complementaria da Santísima Virxe do Pilar , sen prexuízo das facultades do Padroado para restablecer estas atencións docentes no momento en que as estimase oportuno , se a iso non se opoñen os preceptos legais na materia .
Polo Libro de Actas do Concello sabemos que en 1944 ( 29 de abril ) as autoridades municipais interésanse para a posta en marcha dun colexio de nenas , mantendo reunións co Sr . Bispo de Mondoñedo e con membros do Padroado . Piden que se estableza con la máxima urgencia la Escuela de niñas (…) que tan gran beneficio habrán de reportar en pro de la mejora cultural y moral de esta Villa .
Ao ano seguinte comeza a triste historia da Guerra Civil que paraliza moitas iniciativas , particularmente de carácter relixioso . O Padroado fai xestións para poñer en marcha o Colexio de nenos , cousa que ten lugar en 1939 , cando os Irmáns da Instrución Cristiá ( Menesianos ) se fan cargo do novo centro .
Non eran tempos fáciles . Ao rematar a Guerra Civil , comeza a II ª Guerra Mundial . Debido a falta de alimentos e outros produtos funcionaba o racionamento . Algúns nenos deixaban a escola para ir ao mar e a venda de peixe polas aldeas era tarefa cotiá . Por outra banda , o Estado tiña dificultades para construír novas escolas .
O 11 de xullo hai unha reunión do Padroado na casa da Plazuela , pertencente ao Asilo . D . Francisco Reigosa Pedrosa , presidente da Xunta de Patróns , expón as xestións realizadas coa Rvda . Nai Provincial das Hermanitas de Anciáns Desamparados sobre a instalación da escola de nenas . D . Francisco Maañón Couto , alcalde da vila , presenta un escrito propoñendo se decida a inmediata instalación da escola , ben nas instalacións do Asilo ou ben nesta casa da Plazuela . Logo das deliberacións foron tomados os seguintes acordos :
1 º A Xunta de Patróns considera inaceptable a base para instalar a escola de nenas pobres fronte ao Asilo pola restrición que contén en canto ao número de nenas e a clase de ensinanza . 2 º Acorda instalar a escola de nenas na Casa da Plazuela . 3 º En caso de que o edificio non reúna as condicións pedagóxicas , a Xunta acorda permutar o edificio por outro máis axeitado ou