ANDURIÑA Pax 19
COLEXIO NOSA SEÑORA DO PILAR 75 ANIVERSARIO respaldo de Vdes . seguro que serán do agrado de todos .
Antón Niñe Fernández Foz , 5 de maio de 2021
1 . - SAÚDO 2 . - AS ORIXES 3 . - VIDA COLEXIAL E PASTORAL DOS PRIMEIROS ANOS 4 . - NOVO COLEXIO 5 . - ACTUALIDADE 6 . - DESPEDIDA
1 . - SAÚDO Irmás Franciscanas da Purísima , Sr . Director e profesorado do Colexio Nosa Señora do Pilar , Sr . Alcalde e membros da Corporación Municipal , amigos e veciños , reciban o meu cordial saúdo .
Felicidade e honra son as primeiras palabras que desexo pronunciar no día de hoxe : Felicidade por participar nunha efeméride tan relevante como é un 75 Aniversario dun centro educativo , e honra por contar comigo para inaugurar os actos que recordarán a vida desta institución tan querida por todos nós . Debido á miña relación de amizade e agarimo cos rexedores do Colexio aceptei gustoso o labor . E aquí me teñen diante de todos vostedes para falarlles , coas miñas pobres palabras , sobre este querido Colexio .
Conscientes da situación sanitaria que vivimos , as actividades a realizar están condicionadas pola pandemia do Covid , pero a ledicia e ilusión posta pola Comunidade Educativa e o
2 . - AS ORIXES
Sabemos que a chegada das Relixiosas Franciscanas da Purísima chegaron a Foz en 1946 , pero o proceso para por en marcha un colexio de nenas ten as orixes dúas décadas atrás ( 1925 ) cando se coñece o testamento de D ª Pilar Otero Pillado , viúva de D . Eliseo Martínez Pillado . A Cláusula Undécima do citado testamento di : Es voluntad de la testadora fundar en esta villa un Establecimiento benéfico para acoger ancianos desamparados , con el nombre de ASILO DE LA SANTÍSIMA VIRGEN DEL CARMEN (…) En dicha casa , si hay posibilidad de ello , quiere que se funde un colegio de primera enseñanza para niñas pobres de esta villa , dirigida por las mismas religiosas que estén al frente del Asilo . La enseñanza se dará en un pabellón del Asilo que reuna condiciones de independencia y aislamiento de los salones destinados a ancianos . El reglamento y todo lo demás concerniente a este objeto , lo deja al criterio y voluntad de sus albaceas , con la única limitación de que el colegio de niñas no perjudique al Asilo , en cuyo caso prescinde con sentimiento de que se cumplan sus piadosos deseos , respecto a la enseñanza de las niñas de Foz . Esta parte adicional de la Fundación- Asilo se denominará : ESCUELA DE LA SANTÍSIMA VIRGEN DEL PILAR .