ANDURIÑA Pax 16
bótanos a súa marabillosa pomada . Sor Conce está no comedor e sempre nos acordamos dela , porque é a que moitas veces nos dába de comer cando éramos pequenos . Sor Dolores é encantadora e moitas veces pásase polo comedor para sauarnos . A Sor Puri non a coñezo moito , pero sempre que a vexo está cun sorriso ou consolando a algún neno pequeniño que está a chorar . Son imprescindibles .
A velada de Nadal . A principios de decembro comezamos a preparalo todo . Móntanse os bailes e a obra . Cada curso de primaria e infantil fai un baile e os da ESO , os últimos anos , fan un todos xuntos . Todos os bailes axústanse dentro da historia que escenifica o grupo de teatro . O día que se representa facemos un ensaio xeral . Sempre hai unha chea de xente , familia , amigos … Pasámolo xenial e ao final facemos un baile todos xuntos . Para min o mellor é ver aos nenos pequeniños . Once anos de velada e cheas de bailes e disfraces , unha chea de momentos .
os disfraces . Cada curso disfrázase de algo diferente e saímos á rúa para desfilar . Á volta espéranos chocolate con sobaos , que comemos todos xuntos . Disfraces , risas , fotos ...
A festa da familia . É unha festa na que podemos facer unha chea de cousas , karaoke , xincanas , partidos , manualidades , concursos de tortillas e doces , xogos de mesa … É un día para pasalo ben , cunha chea de actividades como as anteriores . Recordo cando era pequena que había festa da escuma e todos esperábamos ese momento . De súpeto o canón comezaba a tirar escuma e todos nos poñíamos a berrar , a rir e a xogar entre ela .
O entroido . A finais de xaneiro e durante o mes de febreiro , comezamos a preparar
Celebramos o día de San Francisco e de Nai Paula , nos que normalmente facemos un acto na capela ou no patio , cantamos , aplaudimos e rezamos , en honra a eles . Outro acontecemento