ANDURIÑA Pax 17
importante esténdese durante todos os venres do mes de maio . Reunímonos na capela e facemos un acto en honra á Virxe María e algúns de nós levamos flores para ofrecerllas . Sempre ilusionados a comprar as flores ou a recollelas do campo .
As excursións . Pasámonolo de medo , gozamos de todo ao máximo . Son xeniais . Da que mellor recordo teño é de Madrid , fixemos unha chea de cousas , fomos á Warne , ao parque de atraccións , a dous musicais , a un parque acuático e o mellor é que a aproveitamos ao máximo , porque ao vir paramos a visitar outros sitios .
Todas estas cousas son grazas a unha chea de xente , por iso debemos de agradecer todo o que fan por nós . En marzo do ano pasado confináronnos , foi un choque para todos e nese momento démonos conta de que nuns anos nada ía volver a ser o mesmo . Esta situación fíxonos perder parte de todas esas cousas , pero iso non significa que non podamos seguir creando recordos . O noso colexio está a facer un gran esforzo para que todo sexa o máis levadízo posible e fácil para nós , para velar pola nosa saúde e a das nosas familias . Non é fácil , pero todo é cuestión de facelo ben e seguir adiante , porque dentro duns anos isto será un recordo máis .
O día da paz imos a un parque en Foz e alí algúns compañeiros len textos e frases . Finalmente , sóltanse as pombas , que saen voando . Moitas veces tamén levamos globos . Sempre os miramos para ver onde están ou cal vai gañando .
Grazas por todo .
Ana Freire 3 º ESO