ANDURIÑA Pax 15
RECORDOS
O Colexio Nosa Señora do Pilar de Foz . Este ano hai 75 anos da súa apertura e estou enormemente agradecida de formar parte da súa gran familia . Teño catorce anos e pasei gran parte da miña vida neste colexio . Todos estes anos están cheos de recordos , cousas que nunca esquecerei e que sempre serán parte de min . Cando vas polo corredor e poste a mirar os cadros coas orlas dáste conta de que non son só cadros , neles hai fotos de máis persoas que coma min estiveron entre estas paredes e viviron momentos que nunca esquecerán . Por iso un colexio non é soamente iso , senón que é un lugar cheo de historia . Gústame pensar que toda esa xente riu , xogou e creou os seus recordos onde eu o fago agora . Pensando en que poñer deime conta de que hai millóns de cousas que nos fan felices sen darnos conta . Cando hai algunha celebración , todos nos alegramos , ou simplemente cando no comedor nos dan algo diferente para comer ou algunha monxiña nos reparte algo , pasámolo ben , gozamos con iso e hai miles de momentos así , só que ás veces non nos damos conta de que os estamos vivindo ata que os lembramos e queremos volver a eles .
Os amigos . Son unha das grandes cousas que tes na vida . Cando entras pola porta o primeiro día non te paras a pensar que vas pasar con esas persoas trece anos da túa vida e as que se van ou se paran polo camiño non as perdes , sempre estarán aí , na túa memoria .
Os profesores . Eles son os que nos guían durante estes anos , recoméndannos e transmítennos todo o que saben , pero non soamente nos ensinan , tamén se preocupan por nós . Fannos ver cando algo está mal ou está ben e axúdannos cos nosos problemas , moitas veces bobadas , pero que sen a súa axuda non poderiamos solucionar . Tamén marcarán as nosas vidas , porque algún día acordarémonos do que hoxe nos din e pensamos que non ten importancia e darémonos conta de que tiñan toda a razón .
As monxiñas . Algunhas delas foron profesoras , aínda que a min só me deu clase Sor Carmen , unha profesora xenial . Aínda que non todas nos desen clase , vémolas polo colexio , sempre cun sorriso enorme para recibirnos . Desprenden alegría todo o tempo e ensínannos a valorar o que temos . Sor Asunción é a directora , e este ano no comedor sérvenos a comida , xunto con Carolina . É moi agradable vela tan contenta co carriño , servindo , vese que lle gusta e sempre quere que comamos ben . Outra cousa que nunca esquecerei dela é cando nos reparte caramelos ou chocolatinas cando é un día de celebración , pasámolo xenial . Sor Sara está en portería e sempre que nos atopábamos mal era a que nos tomaba a febre ou se nos facemos unha ferida