ANDURIÑA Pax 14
SELO DE IDENTIDADE
Resulta imposible plasmar en apenas unhas liñas todo o que levo pasado neste colexio , ou mellor dito fogar . Antes de comezar este pequeño relato en honra ao 75 aniversario da chegada das franciscanas a Foz , optei por rebuscar na casa , ata dar cun libro que recopilaba traballos de antigas alumnas falando do Pilar , e non minto se digo que me emocionei lendo moitos deles . Foi aí cando me decatei de que esta congregación forma parte da historia do meu pobo e sentinme afortunada de formar parte dela .
Aínda a día de hoxe lembro cando entrei , apenas era unha meniña sen coñecemento ninlgún e con curiosidade por todo o que me rodeaba . Xa dende aquela aprendín o máis importante e o que máis me ía servir de alí en adiante , como o respecto a todos por igual , a humildade , o amor aos demais , ser agradecidos , valorar todo o que temos , saber pedir perdón e tamén saber perdoar . Miraba con devoción aos nenos maiores e soñaba con medrar e que algún día fose eu a quen mirasen daquela maneira .
Xa son das grandes , xa estou no penúltimo curso , asusta ver como pasa o tempo . Agora é cando máis valoro o labor que as franciscanas viñeron facendo dende tantos anos atrás e estareilles sempre agradecida por facerme medrar non só como estudiante senón tamén como persoa .
Gustaríame dirixirme aos alumnos novos ou futuros alumnos do Pilar e decirlles que gocen e expriman o seu paso polo colexio porque é un verdadeiro pracer . Levaranse ensinanzas , recreos , mestres , compañeiros , amigos , anécdotas , cousas que só nós somos quen de entender como a importancia do mes de maio , o polo branco , a cor azul marino ou o lema “ paz y bien ”. Debemos estar orgullosos de formar parte desta familia xa que o noso ben querido colexio do Pilar marcou o noso crecemento , poderíamos definilo como un selo de identiddade que sempre levaremos connosco . So espero poder ver como as vindeiras xeracións van ocupando o noso lugar e esta congregación continúa a facer historia .
María Moreda Hermida 3 º ESO