47 | Page 13

A MIÑA EXPERIENCIA NO PILAR
Eu estudo no Colexio do Pilar desde que era pequeño .
A razón é moi sinxela : miña nai estudiou aquí e miña avoa , que faleceu cando eu tiña dous anos , soñaba con que eu tamén o fixese un día . Así que , cando tiña tres anos , miña nai elexiu por min .
Como ela me di sempre , cando somos pequenos , nosos pais elixen o que cren que é mellor para nós .
Cando alguén lle di que non bautiza o seu fillo porque quere que elixa de maior , ela pregúntalle se tamén lle deixará elexir se quere ir ao colexio ou quedarse na cama pola mañá ou se lle apetece ducharse ou cambiarse de roupa . Neste colexio , cultivamos tanto a parte física coma a mental e a espiritual e creo que ese equilibrio é importante para non convertirse nun “ cachas ”, prepotente e engreído , ou nun “ chaponcete ”, enclenque e sen empatía .
A parte física traballámola en clase de Educación Física e xogando no patio , gozando dese cambio de patio dos pequenos ao dos maiores . Ese patio , onde agora non nos deixan xogar e , xusto porque está prohibiso , nos gusta tanto ir .
A parte mental cultívannola bastante ben tamén , a base de darnos moita caña .
Miña nai cóntame sempre que o noso colexio ten gran nivel e que os alumnos do Pilar destacan
ANDURIÑA Pax 13
sempre , pero cando temos 3 ou 4 exames fastidiados nunha semana , non lle vexo tantas ventaxas a ese tema .
A parte espiritual , cultivámola bastante , a pesares de que temos poucas horas de Relixión , xa que a directora sempre nos motiva e invita a rezar todos os días .
Miña nai di que a infancia é a etapa máis importante das nosas vidas e que é importante ser feliz de pequeno para ser feliz de maior . Se o penso ben , paso moitas horas no colexio e son feliz a maior parte do tempo .
Ás veces estou preocupado ou asustado porque teño un exame importante ou por que a liamos e nos riñen , pero creo que dentro de dous anos , cando me vaia , a maior parte dos meus recordos serán felices , xa que espero ser un adulto feliz ´
Recordarei os meus amigos que serán para sempre , os profesores que me ensinaron por primeira vez algo e as persoas que nos axudan no día a día . Lembrarei as viaxes e as excursións , as ciudades que coñecemos xuntos , a neve por primeira vez e as inmersións lingüísticas nun lugar case de ensoñó sen saír de Galicia .
O incrible é que este colexio leva 75 anos marcando a vida das persoas que estudian ou estudiamos nel e espero que o siga facendo moitos anos máis .
Juanma Balsa 3 º ESO