ANDURIÑA Pax 12 un cambio para mellor , sen lugar a dúbidas , pero coma sempre , para gustos , cores . Fomos os primeiros en incorporarnos na Rede de Centros Plurilingüe de Galicia no curso 2010-11 , impartido en toda a primaria e aumentando unha hora máis na secundaria .
Se por se algnha razón non pasáramos por moitos cambios aínda no ano 2020 chegou a España o famoso Covid-19 , Coronavirus para os amigos . Pasei unha temporada moi só , sen ningún alumno camiñando polos meus corredores , era un pouco triste a verdade . Por iso , agora que están de volta todos os meus alumnos e profesores non quero que volvan a marchar tanto tempo deixandome solitario de novo , aínda que non nos poidamos xuntar e facer festa coma antes .
Ahhhh ! Xa rematei de contar a historia dos meus 75 anos e sabedes que ?. Estou desexando que veñan moitos máis , así señan outros 75 máis , aínda que xa pasei os meus anos de xubilado , pero non hai quen me deteña . Máis de 3.500 caras e non che poido asegurar que me acorde de todas , as cousas como son , iso sería imposible . Seguramente algúns xa coñecían esta extensa historia , pero tamén estou seguro que moitos outros non , polo tanto aquí deixo a miña biografía para calquera persoa lle interese .
Para xa rematar difinitivamente , so me queda decir grazas a cada un dos 3.500 alumnos que me acompañaron , grazas aos profesores por todas as molestias que teñen tomadas , que eu sei que non son poucas , grazas as monxas que me acompañaron e acompáñanme sempre e grazas as familias que tamén forman parte do Colexio Nosa Sra . do Pilar .
Elena Posada 2 º ESO