47 | Page 11

ANDURIÑA Pax 11
BIOGRAFÍA DOS MEUS 75 ANOS DE HISTORIA
Para comezar esta autobiografía é necesario que me presente , son o Colexio Nosa Sra . do Pilar e veño a contarvos a miña propia historia , que non é pouca .
Nacín no 1946 e vivo en Foz , máis concretamente na rúa Colexio do Pilar ( vivo nunha rúa co meu propio nome ), mais non sempre vivín nesta rúa . Nos meus comezos pasei uns meses na casa de Boni xunto coas miñas relixiosas , da Congregación Franciscanas da Purísima , e logo mudámonos á casa de Botes , pero iso non é todo , logo fomos ao edificio do patronato , hoxe en día o que entendemos por Casa da Cultura . Foi no 1974 cando nos instalamos na miña rúa e no meu fogar hoxe en día , a rúa Colexio do Pilar .
No 1985 pasamos a ser un colexio concertado por un aprobamento dos concertos educativos en España . Tíñamos e temos moitas actividades que se foron modernizando cos tempos .
Ata agora , no colexio sempre houbo nenas , e na súa maioria profesoras , pero non nos olvidemos dos profesores . Logo convertímonos nun centro mixto , eso significaba que xa non habería só nenas , tamén había nenos e cos nenos viñan as trastadas , pero iso non quita de que tamén houbese nenas trastes , iso asegúrocho eu . Pero por se todavía éramos poucos , no 1994 viñeron primeiro e segundo da ESO e por consecuencia recibín máis profesores e alumnos .
En 1996 cumprín 50 anos . A verdade é que case non me dera conta de que xa pasara 50 anos coas miñas compañeiras , as monxas . Tampouco fun consciente da cantidade de caras e que diferente eran todas elas , xente que chegaba cando outras estaban para marchar .
No 2006 , cando xa tiña 60 anos , abrimos un novo pavillón no que todos os alumnos puideran xogar e onde se puidese celebrar diferentes festas , ainda que o tempo non nos acompara nese especial día . Por exemplo , no 2013 celebramos o centenario de M . Paula , a fundadora da congregación .
Tamén cambiamos o uniforme no 2018 . Persoalmente falando ,