XALOLÍN 2015 | Page 2

ADEUS DO EDLG DO CPI

A colaboración co Equipo de Biblioteca, co Clube de Lectura “A Pedra Rosetta”, con diferentes Departamentos, con comedor, con cursos de diferentes niveis, interrelacionando o labor de rapaces e rapazas da ESO con aulas de Infantil e Primaria… Coidamos que o papel dun Equipo ten que ser dinamizar e converter en normal o uso da lingua, de xeito que esta sexa visible, audible, usual en todas as actividades do centro. Esa foi a nosa pretensión, non con ánimo de excluír ningunha outra lingua, senón pola necesidade que observamos de promocionar un idioma que noutros ámbitos sociais está practicamente ausente.

1

2

2

Este curso queremos significar as actividades en que participou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega con outros membros ou equipos da comunidade educativa (e viceversa), que sen estaren na nosa programación, son fundamentais para que a nosa lingua teña unha presenza normal no día a día do centro educativo