XALOLÍN 2015 | Page 3

DATOS ALARMANTES NO USO DO GALEGO

Ao comezarmos este curso, coñeciamos os datos obtidos dos inquéritos do ano anterior realizados ao profesorado, alumnado da ESO, familias e persoal non docente. Tamén partiamos dos datos proporcionados polo censo e publicados polo IGE no 2011. Os datos veñen corroborar as nosas estatísticas e as nosas impresións canto ao emprego do galego en Carral: en tan só 10 anos, o descenso no uso do galego é alarmante: baixou un 23% entre os que o usan sempre; aumentou considerablemente quen o usa ás veces e o cambio é pouco significativo entre os que non o usan nunca.

3

SIGAMOS TRABALLANDO EN EQUIPO!!!

Este curso semella que será o último que o noso centro educativo funcione como un CPI, de maneira que o vindeiro ano, haberá un EDLG dun IES e outro dun CEIP. O curso que vimos de rematar debe mostrar, precisamente, o camiño a seguir, de xeito que os equipos dos dous centros continúen cun traballo en común que tan só pode contribuír a unha maior e mellor utilización da lingua galega.

3