A VOZ DO ALUMNO
RINCON CREATIVO – os nosos versos
ANO IV- PAX. 24
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Regueifa
Xosé Filgueira Valverde
o das Letras deste ano
polifacético home
A el lle damos o agasallo
Co século principiando
naceu en Pontevedriña
fillo dun doutor galego
e mais dunha granadina
será por parte do pai
ou polos aires da ría
ou pola froita materna
que ós noventa chegaría
Ou polos aires da ría
da Peregrina famosa
o que é certo é que non tiña
os aires da celulosa.
Tal coma os americanos
el foi un pai fundador
tiña a gordura de Franklin
e o esforzo de Washington.
Moitas das institucións
que hoxe temos en Galiza
fundounas ou dirixiunas
o vello mestre da vila.
Empezar polo Museo
que ten xoias dos Castrexos
tamén o Padre Sarmiento
e o Seminario Galego
Real Academia Galega
Conselleiro de Cultura
que non faría este home
por subirnos a esta altura.
Foi nesta afamada vila
onde lle deu por comer
non de porco nin de peixe
senón, senón de saber.
Curioso foi pola historia
gustáronlle os trobadores
pero estamos empezando
non vaiamos a maiores.
Tocou paus nas nosas Letras
tamén na Arqueoloxía
non sabemos que tocou
cando estivo na Alcaldía.
Este intrépido home
estudou con afouteza
Dereito e Filosofía
botade as mans á cabeza.
MIRO SIEIRO