Test Drive | Page 24

A VOZ DO ALUMNO RINCÓN CREATIVO- os nosos versos ANO IV- PAX. 23 “ FADO “ O vello mestre morreu Deu todo o que ten de seu Centos de libros el fixo Por poñer nos seus papeis Canto bo din nos carteis Que diz que dixo ou non dixo. Querémosvos ensinar O que o mundo faz pasar Guerras , fames, desamores Luitar polo noso sempre Muita xente sempre mente Triste tempo cheo de dores. Vexo na tele frecuente Que alá no Próximo Oriente Radicais de toda casta Fan miseria no inocente Destrúen corpo e mente Digo abonda e digo basta. Non son de recreo os barcos Comen xente sen dar fartos Coa barriga chea nos portos Cospen a mercadoría Sen ningunha valentía Enchendo os mares de mortos.