Revista Mira | Page 6

A consolidación da Aula de Teatro de Pais e Nais

A experiencia que naceu no curso 2012/2013 cunha primeira e humilde representación, dentro do propio colexio, coa obra “Mans arriba” foi medrando ate consolidarse, neste terceiro ano, como unha actividade máis da nosa programación anual. Semella que non é tanto mais, atrás fican xa representacións no Teatro Principal ou no Auditorio Municipal de Ourense e unha experiencia adquirida que se vai plasmando xa na calidade, tanto de vestiarios como dos propios escenarios.

A consolidación dun grupo, máis ou menos, fixo de actores axuda tamén, en gran medida a que ensaios e actuacións se desenvolvan, cada vez máis, coa soltura dunha compañía de teatro máis que amateur.

Agardamos continuar o vindeiro curso e, se for posible, máis e mellor.

Este ano, tras un bo conxunto de atrancos e contratempos, o 17 de abril logramos representar na escola de Artes escénicas de Ourense, a obra de Raúl Dans, “Un mosquito de nome Henri”. Unha obra de gran dificultade, tanto pola cantidade de papeis a representar como pola propia posta en escena, ao tratarse de “insectos” e non persoas os protagonistas.

Remedios Forneiro

UN MOSQUITO DE NOME HENRI