Revista Mira | Page 23

O traballo de voluntariado consistía en realizar diferente tarefas :

Na cociña, poñendo o lavavaixelas, secando e colocando a louza, ou repartindo os menús a aquelas familias que os ían recoller nun tupper.

No comedor, servindo os menús, recollendo as mesas e limpando o chan .

Nos almacéns, colocando nas estanterías os diferentes alimentos e facer inventario, ou vaciando os conxeladores para etiquetar e colocar de novo os produtos, facendo tamén un inventario dos mesmos.

Ninguén dos participantes pensaba que podería haber tanta xente a diario no comedor social de Cáritas ; non imaxinaban que houbera tanta necesidade na nosa cidade.

Con esta experiencia afloraron moitos sentimentos, pois eles mesmos viviron e coñeceron en primeira persoa esta triste realidade.

Aínda que acabaron algo cansos, foi unha experiencia moi positiva para todos, pois tiñan o convencemento de aportar o seu gran de area para axudar neste triste problema social, ademais de manter o propósito de seguir colaborando sempre que poidan.