Dende o equipo de coordinación de secundaria acordouse levar a cabo no presente curso
2014-2015, un proxecto social de voluntariado no comedor social de Cáritas de Ourense.
Trátase dun proxecto interdisciplinar, traballado conxuntamente dende tódalas áreas da ESO.
Para realizalo, establecéronse diferentes contidos académicos para traballar en cada materia, ao longo dos diferentes trimestres, así como uns obxectivos a conseguir e diferentes actividades .
A finalidade do servizo a realizar é dar a coñecer ao noso alumnado os problemas sociais que están presentes de forma real no noso entorno, co fin de que se sensibilicen e adquiran un compromiso social.
Os obxectivos a acadar con este proxecto son:
Coñecer realidades diferentes e concienciarse da importancia do labor social
Mellorar a nosa visión do mundo, porque o servizo enfróntanos a problemas reais de persoas reais.
Valorar o que lles rodea (a súa propia familia, escola,…)
Adquirir un pensamento propio e sentido crítico.
Ser responsable cos alimentos e produtos que consumen
Adquirir un compromiso social para a vida.
Como parte deste proxecto, os alumnos e profesores da ESO organizaron os “recreos solidarios” : Prepararon bocatas solidarios a 1 euro, para vender nos recreos. O recaudado foi investido na compra de alimentos para o comedor social de Cáritas .
Os alumnos-as da ESO elaboraron diferentes folletos para dar a coñecer estes recreos solidarios, que se realizaron o venres 21 de novembro do 2014 e o xoves 16 de abril do 2015.
Proxecto solidario "Achégate e bota unha man"
O servizo de voluntariado no comedor social de Cáritas levouse a cabo en dúas sesións: o venres 21 de novembro de 2014 e o venres 17 de abril de 2015. Nestas mesmas datas foron entregados os alimentos mercados cos cartos recaudados nos recreos solidarios.
No servizo de voluntariado participaron os alumnos-as da ESO, a coordinadora, a profesora de alemán, a profesora de relixión e unha nai voluntaria