REVISTA FINAL | Page 64

E por último e non menos importante , queremos adicarlle tamén ao noso director e profe de Educación Física , Iván , algunhas palabriñas . Gustaríanos dicirche grazas por facernos descubrir algún novo deporte porque agora gozamos moitísimo deles . Sabemos que hai veces que nos reñe , pero reñendo con chistes . Debemos recordar tamén a algúns compañeiros ... En primeiro de primaria chegou un compañeiro co que estivemos pouco tempo , Dylan , xa que chegou e marchou axiña . En segundo , veu Simón , recordamos moito as súas clases de naturais ou as súas historias . En sexto chegaron máis compañeiros : Jose Antonio , Maroine e Carolina . Jose marchou , e cos demais continuaremos no instituto . Pasámolo xenial recordando algunhas anécdotas que xa consideramos míticas : Un día en 3 º ou 4 º de primaria , estabamos no patio de herba xogando e Celia e Iria tiñan fame , como non se lles ocorreu outra cousa , puxéronse a comer margaridas . Os pétalos non sabían tan ben , mais o pole sabía misteriosamente a tortilla . Cando estabamos en 1 º, no medio da clase coa nosa profe Marta , Eric preguntou se o corazón tiña forma de corazón e Marta púxonos un vídeo que recordaremos sempre . Non , o corazón non ten forma de corazón . En 2 º de primaria reuniamonos todos nun banco do patio e falabamos dos temas de naturais , naquela época eramos estudosos . Unha das mellores anécdotas que recordamos é cando o día antes do " cumple " de Raquel puxémonos a organizar a festa do día seguinte . Cando chegamos á escola subimos correndo polas escaleiras ata a nosa clase e colocamos todos os regalos . Formamos un corro ao redor de Iván e Samuel berrando pelea , pelea . Cando Raquel se achegou sacamos os regalos que había no medio , tiramos confeti e celebramos a festa . Poderiamos seguir contando anécdotas durante meses mais agora é tempo de crear novos recordos . Este foi o noso último ano aquí no colexio . Estivemos 9 anos pero xa é hora de marchar . Hoxe queremos despedirnos , mais como din nas películas ... isto non é unha despedida senón un deica pronto . Vémonos ao outro lado da rúa ! Unha aperta ,
Os xa nenos de 1 º da ESO