Ola compañeiros e compañeiras , profes e profas ...
Graciñas
Ola compañeiros e compañeiras , profes e profas ...
Como xa sabedes imos para o insti e queremos deixar unha pequena carta de despedida . No colexio tivemos días bos e malos , e ata difíciles , pero temos recordos moi chulos . Gustaríanos darlles un agradecemento a algúns profes que estiveron con nós : Ana , a nosa profe de infantil , que como ela seguro recorda , fixémoslle unha árbore na que as follas eran os nosos dedos pintados . Os polvos máxicos acompañarannos por sempre para axudarnos a relaxarnos e sorrir . Non te esqueceremos nunca , graciñas infinitas . Tampouco nos esquecemos da nosa profe Marta , que estivo con nós dende 1 º de primaria ata 4 º. Foi unha profe marabillosa que aínda nos segue dando clase de valores , e da que estamos convencidos de que segue sendo igual . Obviamente tamén está Raquel , cos seus exames e as risas no seu cumple . Tivemos outros profesores aos que queremos agradecer algunhas cousiñas : A Bea queremos adicarlle unhas palabras : grazas por ensinarnos a tocar a frauta decentemente e por facer con nós unha actividade que nos encantou ... os bailes por grupos feitos aleatoriamente . Pasámolo xenial ! Sobre todo cando espuxemos os bailes a todo o cole ! Grazas Bea ! Gustaríanos tamén darlle as grazas a Conchita polos seus consellos de vida cotiá , xa que pouco a pouco imos vendo a razón que ten . Por iso tamén , GRAZAS . Camilo , que nos acompañou nas clases de relixión en educación infantil . Con el gozamos do relax dunha sesta , fichas cheas de deces e clases cheas de risas . A teacher Toñita , que nos abriu as portas para poder viaxar a outros países sen problemas de comunicación , a comprender cancións , películas ... Moitas grazas Toñita . Lalo , Macarena , Laura , Noelia , Marta , Sabela e moitos máis que pasastes pola nosa aula . Graciñas por compartir o voso tempo e coñecementos con nós . Eva e Nuria o voso apoio foi fundamental , grazas por axudarnos nas cousas que non entendemos . As vosas aulas mesturaron aprendizaxe , diversión , comprensión e tranquilidade .