compañeiro , agardámoste na próxima estación , xa só coma mestre , en setembro do 2024 !
Carta ao director !
Coma calquera bo xornal que se prece , ao noso non podía faltarlle o epígrafe de “ CARTAS AO DIRECTOR / A ”. E nunca mellor acaeu , porque este ano queriamos facer uso deste apartado para facerche unha pequena homenaxe a TI , IVÁN , o noso director .
Por ser este o curso no que remata unha etapa para ti e tamén para tod @ s nós , porque deixas o teu gran labor na dirección do centro . Pero non queremos que soe a despedida , xa que nos seguirás acompañando como mestre , senón que soe a recoñecemento e agradecemento destes anos de bo facer .
Foron anos intensos e complexos por momentos , con moitas decisións importantes por diante , comprendemos que ás veces difíciles de tomar , pero sempre necesarias e inevitables , como na vida mesma , para avanzar , para mellorar … E sempre en prol do benestar de toda a comunidade educativa , principalmente do alumnado , a nosa prioridade .
Como xa dixemos antes , esta é unha carta de recoñecemento e agradecemento cara a ti , da que participamos todas e todos os teus compañeiros . Tendo en conta que os e as que convivimos contigo no centro minutos , horas , días , semanas , meses , curso tras curso … te acabamos coñecendo bastante ben ; e como en calquera traballo colaborativo , fixemos primeiro unha “ recollida de datos ” na que cada unha ou cada un tiñamos que achegar información sobre ti en forma de unha ou dúas palabras ( tarefa ben complexa , por certo ), para logo facer unha posta en común e artellar unha DEFINICIÓN do que ti es e significas para nós . Aí vai …
No persoal recoñecémoste como unha persoa afable e amable , simpático e empático , sincero , con gran bondade e sentido do humor , comprensivo , leal , xusto , moi tolerante , humano , que inspiras confianza e amigo xenial !
Como profesional destacan en ti calidades como a constancia , temperanza , con gran capacidade de traballo , decidido , responsable , implicado , eficiente , competente e resolutivo ; colaborador , dialogante e conciliador ; dinamizador , con gran solidez e resiliencia .
E no que coincidimos tamén todas e todos é que , sobre todo , fuches un GRAN COMPAÑEIRO ! Así que , compañeiro , agardámoste na próxima estación , nin máis nin menos que como mestre , en setembro do 2024 !
Con moito aprecio , os / as teus compañeiros / as do CEIP Plurilíngúe Poeta Avelino Díaz Xuño - 2024