REVISTA FINAL | Page 57

O NOSO PROXECTO

VOZ NATURA

REBUMBIO NO CEIP POETA AVELINO DÍAZ : MICOLOXÍA , APICULTURA E RECICLAXE .
CURSO 2023-2024
OBRADOIRO COAS FAMILIAS E ENVASADO DE MEL .
En colaboración con tres familias do centro ; coñecemos o traballo que realizan as abellas e os produtos que se obteñen delas , que coidados precisan , que beneficios nos aportan e cales son os principais perigos que as ameazan . Completamos este obradoiro coa realización de actividades plásticas , deseño de etiquetas para os tarriños de mel e un pequeno proxecto na aula de 4 º de infantil .

OBXECTIVOS DO PROXECTO .

Investigar sobre a micoloxía : a gran descoñecida . Investigar sobre as abellas : as grandes aliadas . Seguir avanzando na reciclaxe . Coidar dos espazos interiores e exteriores do centro baixo principios de respecto ao entorno e á natureza . Coidar e aprender nas e das hortas .

OBRADOIRO : COÑECEMOS AS PLANTAS AUTÓCTONAS COAS NOSAS FAMILIAS .

Da man de Xelda , o alumnado de 3 º ciclo e as súas familias , coñeceron as características e propiedades das plantas autóctonas ; centrándose nas aromáticas e mediciñais . Tamén levaron a cabo un estudo da composición da terra do horto escolar e nocións básicas do tratamento da materia orgánica do composteiro . Finalizaron o obradoiro coa plantación de arandos .
AMBIENTACIÓN DE ESPAZOS INTERIORES .
O alumnado de 1 º A elaborou unhas macetas con envases de deterxente , para colocalas nas repisas das ventás do corredor do edificio de 1 º ciclo .
RETOS EN FAMILIA .
Un ano máis lanzamos os “ Retos en familia para o medio ambiente ”. Buscáronse actividades que fomenten a creatividade , o coidado medioambiental e o aproveitamento de materiais e recursos .
AMBIENTACIÓN DE ESPAZOS EXTERIORES .
A cargo da Sociedade Cooperativa Xesta Brava , a rapazada de 1 º e 2 º disfrutou de dous obradoiros medioambientais : nun deles elaboraron hoteis para insectos e noutro dúas caixas niño para paxaros .
VISITA Á EXPOSICIÓN MICOLÓXICA NO IES PEDREGAL DE IRIMIA .
No mes de novembro o alumnado de 3 º ciclo visitou a exposición micolóxica organizada polo Ies Pedregal de Irimia . Ademáis desta , realizáronse no centro actividades nas áreas de Plástica e de Lingua castelá relacionadas co tema : como debuxar un cogomelo , elaboración do libro “ Las setas ” en 1 º A e manualidades con material de refugallo .