A nosa historia ocorreu hai moito , moito tempo , no tempo no que as ras aínda tiñan pelo . Nunha pequeña aldea a carón do bosque vivía unha anciá que non lle tiña medo a nada . Para ir a unha das súas leiras tiña que camiñar por unha corredoira e andar polo bordo dun bosque no que o resto dos veciños non se atrevían a entrar . Dicíase que alí vivían seres terroríficos .
Un día o neto da anciá decidiu ir explorar polo bosque adiante , pero non regresou . A anciá non o pensou dúas veces e marchou buscalo . Foi andando , andando ata chegar ao lugar máis afastado e máis escuro do bosque . Alí había un cheiro insoportable que saía dun pantano . Ela achegouse a mirar e viu na superficie uns pequenos seres que asomaban coa boca aberta e que parecía que querían comer a quen pasase por alí . Había moitas daquelas arrepiantes bocas , polo menos había vinte e dúas … Pero non lles fixo caso e camiñou cara a unha casa enorme que tiña as portas abertas , pero unhas pantasmas puxéronse diante como se lle quixesen impedir entrar .