REVISTA FINAL | Page 46

Aquí estamos lanzando os dados para ver que propostas nos van saíndo .
Houbo que chegar a moitos acordos , pero finalmente conseguímolo .
Agora só nos quedaba ir organizando todo o que tiñamos . Faltábanos algunha maneira diferente de comezar o conto e finalmente eliximos por votación unha que nos pareceu moi graciosa . Para concluír o conto e como nos gustan moito as rimas , buscamos entre diferentes fórmulas para ver cal elixiamos que nos gustase a todos e todas .
Finalmente , este foi o resultado :