Revista Escolar Petiscos pdf24_unido (1) | Page 52
Empezamos vendo os traxes que teñen que poner para entrar nun lugar no que hai un incendio : traxe ignífugo , casco , máscara , bombona de osíxeno ( que pesaba moito !)… Ata probamos os walkie-talkies !
Vimos o ximnasio no que adestran dúas horas diarias , xa que teñen que estar moi , moi fortes para poder cargar con algunhas ferramentas que son moi pesadas . Tamén pasamos polo vestiario e a sala de estar .
Onde estivemos un bo pedazo foi na sala na que se reciben as comunicacións e na que hai teléfonos , ordenadores e moitos mapas nas paredes .
Explicáronnos como chamar ao servizo de emerxencias , cales son os datos que sempre debemos dar e mesmo fixemos algunhas prácticas .
Despois diso saímos ver como é o camión que utilizan cando teñen que rescatar persoas do interior dun vehículo . Comprobamos como funcionan algunas das ferramentas , como a cizalla que corta o metal . Tamén puidemos montar no camión e poñernos ao volante .