Revista Escolar Petiscos pdf24_unido (1) | Page 51
O NOSO DÍA NO PARQUE DE BOMBEIROS DE VILALBA
Este curso os nenos e nenas de 1 º e 2 º aprendemos moitas cousas sobre os distintos oficios : gandeiro / a , transportista , dentista , perruqueiro / a …
Grazas á amabilidade dos profesionais do Consorcio de Bombeiros de Lugo , puidemos coñecer moitísimas cousas relacionadas coa súa profesión , xa que nos convidaron a pasar con eles unha mañá e preparáronnos unha visita fantástica . Tamén nos deron consellos de seguridade e para previr accidentes e lembráronnos como podemos facer para avisar dunha emerxencia .
Como xa había días que estábamos esperando esa excursión , na clase estiveramos aprendendo moitas cousas sobre o importante que é o traballo dos bombeiros .
Ao chegar ao parque de bombeiros , déronnos a benvida e fixéronnos unhas bromas . Como eramos moitos , dividíronnos en tres grupos para poder ir vendo todas as cousas .