Colegio Calasancias Pontevedra
a nosa cultura [07]
PROGRAMA:
1. Introducción: Pontevedra e a súa Feira Franca . Referencia á concesión de dita feira franca á cidade de Pontevedra polo rei o día 17 de Maio de 1467, (Enrique IV concede a Pontevedra una Feira Franca de trinta días, quince antes e quince despois da festa de San Bartolomé). 2. Presentación das mercadorías. A continuación uns personaxes farán de presentadores do evento e conducirán a audición pola feira presentando productos e actividades: primeiro farán un resumo de todos os productos que poderiamos atopar nunha feira , amosarán algunhas mercadorías a falarán sobre as ventas cos mercaderes e comerciantes da época . 3. Exposición de actividades lúdicas e culturais propias daquela época. Lectura de Cantigas e Cantares de Xesta. Os alumnos de 3º de ESO interpretarán diferentes bailes medievais. Contos: 2º de ESO B: Carmen Iglesias: “A biblioteca”. 2º de ESO A: Larisa: “O feudo”. 4º de ESO: Andrea: “O cabaleiro da armadura de cartón e a princesa encantada”. 1º ESO: Obradoiro de ourivaría de xoias da Idade Media. 4º ESO: Estudo sobre a evolución da indumentaria ao longo dos séculos. Elaboración de armaduras en cartón e traxes femininos en tea. 4º e 6º de E.P: Murais e elaboración de castelos medievais.
Un día na Feira Franca
Nada máis chegar notamos una calurosa benvida, xa que a música que alí soaba convidaba a entrar a unha sala que estaba baleira pero que se enchería en breves intres. Dous cabaleiros moi ben vestidos, erguíanse na porta do salón e convidábannos a sentar para que nos foramos acomodando para ver o que alí ía acontecer: era un festival medieval, para xente medieval e para xente moderna!!!! Quen o podería perder? Dende logo nós non o fixemos e Pombo estivo espectante na primeira fila mentres eu ocupaba o meu lugar como técnico de son ao pé do escenario. Eran dous puntos de vista perfectos que ámbolos dous soubemos disfrutar… E abriuse o telón cunha música ambiental que realmente nos transportaba a outra “Idade”. No escenario erguíase precioso un pobo que bailaba para nós, ao fondo, un mercado de cestos, danzas medievais, malabares, poesías e cantigas que recitaban xograres e trovadores que por alí pasaban, contos… que nos axudaron a esquecer onde estabamos. Participaron todos os niveis escolares: infantil, primaria, secundaria, profesores e alumnos traballamos xuntos para realizar un fermoso espectáculo que nos levou a outro tempo e nos axudou a comprender dun xeito divertido unha parte da nosa historia.
JORGE CHAVERO, ALEJANDRO POMBO.
Magosto
É ben sabido que o outono a Galicia chega acompañado dun rico cheirume a castañas. Esas que adoitamos asar ao lume para logo saborear na compaña de familiares e amigos. Así foi, xustamente, como celebramos o Magosto no noso colexio; traendo castañas, asándoas e invitando, por primeiro ano, aos nosos familiares a comelas connosco no patio. Pero ademáis, enriquecemos á festa coa compaña dun asador profesional e do seu forno de leña con forma de tren. Así si que as castañas teñen un sabor especial! Estaban boísimas! Para axudar no reparto dos froitos, os alumnos e alumnas de 4º da ESO, vestidos de xeito tradicional, botáronlle unha man ao ?????????????Q?????????????????????((0