[06] a nosa cultura
Colegio Calasancias Pontevedra
Entroido
Cando aínda non tiveramos tempo de dixerir todos eses doces que acostumamos comer polo Nadal, chegou o Entroido cos seus típicos manxares. Ninguén perdoa por estas festas un bo cocido e ningunha casa queda sen probar as mais típicas sobremesas da época; filloas e orellas. Co bandullo cheo, todos gozamos moito mais desta tradición tan nosa como é o Entroido. Moitos de nos, pasamos meses pensando de que nos queremos disfrazar e facendo os preparativos oportunos para ser os máis orixinais da festa. Outros, organizamos todo no último momento, pero non por elo imos menos logrados. Na nosa xa tradicional festa do xoves pola tarde organizada pola A.M.P.A deixáronse ver todo tipo de disfraces, de superheroes, de cantantes de exito, de princesas, de figuras doutras épocas... e como non podía resultar doutra maneira, a festa foi todo un exitazo. Alumnos/as e profesores disfrazados bailamos e desfrutamos xuntos dunha xenial tarde de lecer. Pero non fomos nós os únicos que nos difrazamos porque as aulas do noso centro tamén vestiron máscaras e antefaces de entroido. Daba gusto velas!
Letras Galegas
Ábrese o pano, aparece unha faciana masculina con bigote, adornada cun nariz de paiaso vermello e rematada por un chapeu negro. De quen se trata? Pois nada máis e nada menos que do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano; Roberto Vidal Bolaño. Un home que sempre amou o cine e o teatro teatro, dúas artes ás que dedicou todo o tempo libre que o seu traballo como banqueiro lle permitiu.. A súa necesidade continua pola cultura levouno tamén a participar na creación do Centro Dramático Galego, a crear o grupo de teatro Antroido e a teatralizar moitas das obras cume da nosa literatura. Así foi, como cunha vida breve, pero polifacética, se convertiu Roberto Vidal Bolaño nunha personaxe de referencia para a nosa literatura. O noso colexio engalanouse para festexar este 17 de Maio con carteis homenaxe á figura de Roberto Vidal Bolaño pero tamén a Rosalía de Castro, 150 anos despois da publicación da súa obra Cantares Gallegos.