O Magosto
Pouco despois, foron os alumnos de 4º da ESO (vestidos
ao xeito tradicional) os que nos repartiron as castañas polas
clases, enchendo os cornetes que nós xa tiñamos preparados
e decorados. Á festa estaba servida!
Por segundo ano, convidamos a todas as familias a compartir este momento con nós e, aínda que fose debaixo dos paraugas, saboreamos as castañas todos xuntos.
Non nos olvidemos de mencionar o esforzo que fixeron todos os cursos decorando os seus murais de aula coa temática
do Magosto. Algúns quedaron verdadeiramente orixinais.