Revista Calasancio 2013-2014 | Page 5

O Magosto O Magosto é unha das primeiras celebracións do curso que festexamos todo o cole xuntos. Por iso, estamos sempre tan ilusionados e desexando que chegue. Normalmente, baixamos todos ao patio, a saborear as castañas que o castañeiro nos prepara no seu forno con forma de locomotora. Sen embargo, este ano, como a choiva tamén se uniu á festa, tivemos que conformarnos con celebralo distribuídos por diferentes espacios cubertos do centro. Malia isto, non nos quedamos sen facer unha visita ao castañeiro e vimos cómo preparaba as castañas que logo nos iamos comer. Que ben cheiraban!