Visitas culturales y excursiones
LONDON 4º de ESO
Na porta da nosa aula había un cartel que dende un mes atrás, indicaba cantos días faltaban para a nosa saída. Ese día, por fin chegou e de
madrugada, moi moi de madrugada, concentrámonos no cole para coller o
autobús. Unha noite dura era a que nos esperaba, xa que de Pontevedra
debíamos chegar ao aeroporto de Porto, de alí a Londres e despois, coller
un autobús ata “Ealing Broadway”, a zona londinense onde as familias agardaban por nós. Sabiamos que as nosas profesoras estaban desexando que
cairamos rendidos de sono no autobús, camiño do aeroporto, pero os nervios, a emoción e as ganas de chegar, déronnos forzas para cantar durante
todo o camiño, e cando digo todo o camiño, digo que cantamos ata chegar
ao mesmo Londres.
Alí nos esperaba o noso guía, un compañeiro de viaxe xenial, que
nos acompañou sempre e nos explicou curiosidades sobre edificios e feitos históricos de Londres. Ademais, resultou ser para algún de nós, a persoa coa que mais inglés falamos, o perfecto compañeiro co que perder a
vergoña e lanzarse a practicar o noso inglés. De todos os sitios que visitamos, que foron moitos, destacamos a impresión que nos causou o Big Ben, o
museo de Ciencia, o mítico mercadillo de Campden (onde moitos de nós
arrasamos coas compras) e tamén a inmensidade do British Museum.
Ademáis das nosas excursións turísticas cabe contar agora a nosa
experiencia coas familias. Todos fumos moi ben acollidos, tivemos a oportunidade de coñecer a gastronomía inglesa e tamén, puxemos en práctica o
noso inglés. A maioría de nós descubrimos que sabemos moito máis do que
creemos!
Coma sempre, o mellor da excursión foi a convivencia entre nós. A
pesares do noso axustado plan de visitas e da nosa estadía coas familias,
tivemos tempo para risas, anécdotas, e tamén…. para facernos miles de
millóns de fotos!
Espero ter outra vez a oportunidade de realizar unha saída coma
esta e, se algún dos que me está lendo ten a mesma oportunidade que tiven
eu, que non a perda. London foi inesquecible!