Visitas culturales y excursiones
ILLAS CÍES 3º ESO
A nosa visita máis esperada por fin chegou. E esta vez veu acompañada de sol e moita moita calor. Vamos, o plan perfecto para ir as Illas
Cíes. Tras un pequeno madrugón para coller o tren a Vigo e despois alí o
barco, chegamos as Cíes. Coma sempre, impresionante, impactacte e cunha
increíble auga cristalina que che da ganas de tirarte a auga dende o primeiro momento. Tivemos que aguantar un pouco xa que primeiro fixemos
unha caminata moi completa ata o mirador das
campás e ao faro. Aínda
que os trinta grados de
calor fixeron máis dura a
subida, o certo é que pagou a pena. As vistas dende alí son incomparables!
O guía que nos acompañou
durante o percorrido descubriunos unha chea de
curiosidades sobre a illa,
como o feito de que habiten nela nutrias.
Dunha vez por todas, as nosas mochilas pousárose na área da calificada como “mellor Praia do mundo” e sí, confirmamos que o é. Puidemos
probar ao fin, a auga cristalina e foi unha
sorpresa descubrir que non estaba xeada
como nos tiñan dito senon que estaba perfecta para darse un increíble baño. Desfrutamos da nosa estadía na praia todos
xuntos e collemos o barco de volta sobre
as cinco da tarde. Compre citar agora, o
estrés das nosas profes, que pensaban que
iamos perder o barco, e despois o tren, por
causa da nosa lentitude. A verdade é que
esta saída e magnífica para desfrutar dun
día de praia en compaña de todos os nosos
compañeiros/as.