Publicaciones didácticas de la Biblioteca del IES de Sabón Haikus contra a violencia de xénero | Page 9
PASIÑO A PASIÑO
Foi nun obradoiro de poesía cando Raúl Vacas nos falou da posibilidade de
realizar co alumnado Haikus contra a violencia de xénero (haiku, poema breve
que é capaz de plasmar a traxedia -neste caso- dun xeito profundo e sinxelo),
reuníndoos nun chamado “Libro do Mal Amor”. A proposta foi directamente
a un caderno nomeado “Proxectos para un novo centro”, pois daquela souben
do meu traslado, estreando os meus apuntamentos.
Nunha das primeiras reunións de Departamento expuxen a actividade co pro-
pósito de que todo o alumnado participase. Grazas á cooperación de todos os
membros, a idea deixou de selo materializándose e converténdose en traballo
de aula.
Logo, un paso máis. O Departamento de Plástica apoiou asemade a iniciativa
de que o seu alumnado ilustrase as producións presentadas anteriormente en
forma poética. E aí comezou a tomar forma un labor colaborativo fermoso: a
reflexión sobre violencia e machismo facíase arte escrita e pictórica.
Postos a dar pasos, un xigantesco. E se...? Si, atrevémonos. Carlos Negro,
poeta amigo, accedeu gustoso a colaborar. Chus Pato, poeta compañeira, o
mesmo. Logo, a bóla de neve comezou a rodar, e escritores e escritoras man-
daron a súa pinga de auga deste océano que estabamos a crear, un mar de
versos respirando conxuntamente para que aboiase a loita social.
Esta contribución poética merecía Arte. E tivérona, xaora. Mar García e Arán-
zazu Diñeiro colleron os pinceis para expresar en cor o poema que escritores
e escritoras mandaban en palabra.
Pero a vida esixe seguir avanzando. Todo isto estaba nos blogues, en cartaces,
nas redes sociais. Restaba un e definitivo paso: a publicación en forma de
libro. Foi entón cando Mar e mais eu nos presentamos ante a secretaria xeral
da Igualdade propondo algo que semellaba afastado.
E gustou.
Tanto, que aquí está, nas vosas mans.
Aínda non rematou a andaina. Novas mans abrirán este libro para recapaci-
taren. Novas olladas neste peirao necesario para que a nosa pugna se volva
viral. Necesitamos reflexionar e cuestionarnos unha sociedade patriarcal que
asasina mulleres só polo feito de selo.
7