Publicaciones didácticas de la Biblioteca del IES de Sabón Haikus contra a violencia de xénero | Page 10
Porque desde hai anos temos conciencia de que existe un andazo social que
debemos combater por todos os medios, e máis dende o noso ámbito, o educa-
tivo. Porque o noso alumnado está nunha franxa de idade crucial para ver con
miradas espertas onde radica o perigo. A violencia de xénero non son só gol-
pes e asasinatos, é unha forma de control sutil e corrosiva que vai devastando
pouco a pouco, que vai minando a autoestima dunha moza que logo será mu-
ller mutilada e destruída. Pretendemos abrir os ollos a mozos e mozas ante
unha sociedade que inculca determinados roles sociais a base de estereotipos
equivocados que rematan en patróns de conduta violentos e aniquiladores,
por un lado, e en vítimas polo outro.
Moito camiño temos por diante aínda: vivindo en constante cambio, as men-
saxes de amor romántico seguen retrotraéndonos a un pasado de subordina-
ción intrínseca das mulleres. Son os comportamentos de posesión, non res-
pecto, violencia e engano os que fan dano en nome do MAL AMOR, pero non
do Amor. Seremos quen de construír novas formas de amar que non danen,
amores que non aten con cadeados e que non se transformen en centros de
vida?
G racia S antorum
Profesora de Lingua e Literatura Galega do IES Laxeiro
8