POMPAS AZUIS revista dixital escolar REVISTA POMPAS AZUIS FINAL | Page 14

Puzle de cen pezas OBXECTIVOS CURRICULARES -Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas. -Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a propia acción para realizar tarefas sinxelas ou resolver problemas da vida cotiá, aceptando as pequenas frustracións e manifestando unha actitude tendente a superar as dificultades que se presentan, reforzando o sentimento de autoconfianza e sendo capaces de solicitar axuda ACTIVIDADE ESPECIAL!! Clasificamos e encuadernamos os nosos traballos do curso S E D A D I V I T AC A L U A A N Lectura de libro interpretada: "A vida no bosque", os ciclos da natureza e as súas sabias pautas de orde. Dous capítulos á semana, tres semanas. Mesa de observación relacionada coa lectura interpretada: cada alumna/o traerá un elemento para a mesa, sendo este da súa propia elección e motivando por que cre que ten relación co que estamos traballando. Ricón de vida práctica: actividades de uso libre tras a presentación Coidado persoal: lavar as mans, soar os mocos, peitearse, limpar os zapatos, abrillantar os zapatos, abrochar d iferentes tipos de feches das prendas de roupa. Coidado do contorno: limpar mesa, lavar mesa, pasar o pó, pasar a basoita, fregar o piso, limpar madeira, limpar cristal, limpar espellos Coidado doutros seres: regar as prantas, limpar as follas, lavar as follas, alimentar hamster, limpar gaiola do hamster. Diariamente na Asemblea practicamos actividades de Gracia e cortesía: saudar, despedirse, aceptar ou rexeitar algo que nos ofrecen, etc Ricón da cociña: preparar merenda, servir auga, lavar os pratos, secar os pratos, etc. Proxecto de manualidades: contruímos un reloxo de cartón e materiais de refugallo. Aprendemos a usar o reloxo. Música e expresión corporal: cancións e rimas nas que trasversalmente contémplase a idea de ciclo, rutina, secuencia, etc