POMPAS AZUIS revista dixital escolar REVISTA POMPAS AZUIS FINAL | Page 13
Puzle de cen pezas
Chegou o mes de xuño, o derradeiro mes deste curso escolar no que tando
aprendemos e tanto desfrutamos!
O tempo é morno cando chegamos á aula pola mañá cedo e caluroso xa a partires
do mediodía, o qu fai que podamos deixar as chaquetas na aula e sair o patio en
manga curta. Ademáis, nesta época comezamos a saborear os froitos de tempada
das árbores da contorna e o corpo pídenos máis hidratación: hai que beber moita
auga!
Non só recolectamos os productos dos frutais e da horta senón que podemos ver
xa un bo feixe de material de traballo que fomos producindo nós na escola ao
longo destes meses: cantas cousas! Así, de xeito natural ábrese ante nós o
derradeiro reto do curso: imos clasificar e ordear todo ese traballo namentres
afondamos na cuestión da orde. ¿que é? ¿para que serve? Onde está ao meu
arredor? Precísoa?
Veremos que no mundo todo flúe en orde: a natureza crea os seus patróns, todo
ten o seu lugar na cadea de vida, o seu tempo. Nas máquinas e aprellos que
empregamos todos os días tamén hai orde! E mesmo sen decatarnos nós cada día
cada unha somos parte dun sistema ordeado na que o pasamos mellor cando
todas colaboramos para desenvolver o noso papel.
Que interesante! Queres saber máis?...
PALABRAS CHAVE
Fai "click" nas imaxes para acceder a recursos
Orde
Vida práctica
Secuencia
Hábito
Recoller
Engranaxe
Sociedade por cohesión
Matemática
Universo