O estoupido (2019) | Seite 152

A adquisición dunha óptima capacidade articulatoria conséguese, entre outros, cun bo control dos órganos articulatorios, da respiración e do sopro. Aquí está Adri executando algunhas praxias orofaciais e fortalecendo o sopro ao tempo que se divirte xogando aos bolos.

Os prerrequisitos para unha boa adquisición da linguaxe son a atención, percepción e memoria. Aquí vemos a Juliana e a Rodrigo facendo un xogo de memoria visual. Quen atopará antes a primeira parella de iguais?