AUDICION E LINGUAXE
Traballamos o vocabulario comprensivo e expresivo propio de cada idade; neste caso, o corpo humano. Nas fotos vese como identificamos as partes da cara, as ubicamos no noso corpo e no corpo dos demáis. Despois fixémoslle un bonito peiteado a este debuxo a través do sopro.
Empregamos todos os recursos que hai ao noso alcance para traballar os diferentes campos semánticos. Neste caso o alumnado de educación infantil está aprendendo o nome de animáis na mesa interactiva multitáctil da biblioteca.
Os peques de Educación Infantil e Primaria que asistiron ás sesións de Audición e Linguaxe ao longo deste curso aprenderon unha chea de aspectos relacionados coa comunicación, a linguaxe e a fala a través dos xogos.