Novidades Reibonteca Boletín novidades 2º trimestre | Page 7

Literatura Lectores expertos Cuentos y leyendas de América Latina Relatos de terror. De risa, sorprendentes... Por medio deste libro coñeceremos por que chora La Llorona (México), por que os morcegos son tan feos ou por que algúns seres teñen os pés ao revés. Un día de tormenta Dous homes que non se coñecen de nada pasean de mañá pola rúa candocomeza a chover. Fórmase unha poza, alí aparecerán surfistas, barcos que se moven coma nun mar tempestuoso. No outro lado do libro, unha familia sofre unha inundación de auga procedente do teito, auga que ten unha enorme capacidade de arrastre. Las historias más bellas de la mitología griega Unha recopilación das máis fermosas historias da mitoloxía grega narradas ao xeito dun conto. Deuses, heroes, monstros e criaturas fantásticas habitan neste libro. Afrodita, Minos, Orfeo e Eurídice... Un feixe de historias coas que desfrutar. O vento nos salgueiros Un día Toupa, canso da rutina da súa vida, decide abandonar o seu tobo e nesta saída coñece a Rato. Grazas á bonita amizade que forma con el e ás numerosas aventuras que vivirán xunto ós demais habitantes da Ribeira do Río, Toupa descubrirá de novo o pracer de vivir. Escrito con toques de poesía e sentido do humor.