Novidades Reibonteca Boletín novidades 2º trimestre | Page 6

Literatura Lectores expertos O rapaz do vestido Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións. Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais. O doutor Próctor e os pos botapeidos O doutor Proctor é un profesor tolo, ou case. En realidade é un inventor de avanzada idade que espera topar o seu gran descubrimento. Cando se xunta coa súa veciña Lise e o seu peculiar amigo Bulle para crear os pos botapeidos máis poderosos do mundo. Esta é unha historia de humor e aventuras, que fala da importancia de ser un mesmo e de como conseguir coraxe a través da imaxinación. A avoa gánster Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pasar a noite coa súa vellísima avoa. Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro… Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo? O libro do verán O libro do verán amosa a amizade entre unha nena, chamada Sophia, e a súa avoa, unha relación estreita e intensa que se desenvolve durante varios veráns nunha illa salvaxe do golfo de Finlandia. Con elas reflexionaremos sobre o mar, a luz e os animais, exploraremos a illa e escoitaremos as historias que inventan para explicar os misterios da natureza. Diario de Greg A vida de Stan cambia moito o día que o seu tío Ernie queda sen traballo e decide montar unha fábrica de conservas na casa. Stan non pode soportar o estrés e decide marchar cun circo ambulante, onde coñecerá o home que nadaba coas pirañas.