Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 523

521 GLOSARIO DE TERMOS CESTERÍA • Abano do lume. Para avivar o lume da lareira. • Banasta. Cesta de vimbio de uso doméstico para gardar a roupa de pasar o ferro. • Batrén ou coitela. Ferramenta para desbastar ou tallar madeira para fabricar as cestas e os cestos. • Canasto. Cesto de varas ou vimbio para a almace- naxe e o transporte de peixe nos barcos. • Canizo. Apeiro para desfacer os sucos que deixa- ron o arado e a grade. • Canizo dos carros. Cercado para o carro do gando e impedir a caída da carga durante o transporte. • Carabelo. Cesto de varas ou vimbio para trans- porte de produtos do campo. • Cesta de mariscar. Cesta de vergas de madeira con entrelazo de dameiro para mariscar, recoller as ameixas e berberechos nel e levar as capturas • Cesta ferroviaria. Cesta para levar a comida, para ir ao mercado etc. • Cestín do furón. Cesto cónico con tapa realizado en vergas de madeira con entrelazo en dameiro para levar o furón na caza dos coellos. • Cesto carrá o carral. Cesto de vergas de madeira, alongado en forma troncocónica, con entrelazo en dameiro que se levaba no carro cargado de patacas, uvas etc. • Coleiro. Cesto de vergas de madeira utilizado especificamente para a vendima. Moi común na comarca do Ribeiro. O mulido que o acompaña serve para apoiar o coleiro na cabeza e poder transportalo. • Esporta ou cesta do palangre. Cesta de vergas de madeira con entrelazo en dameiro, para montar o palangre, arte de pesca para a captura da pescada. • Esteira do gando. Apeiro para o coidado do gando vacún, especialmente para protexer as vacas acabadas de parir. • Gaiola. De vimbio empregada polos nenos para levar paxaros pequenos ou grilos. Outro tipo de gaiola esférica, tamén de vimbio, é para deitar a galiña choca. • Nasa. Cesto de formas variadas, alongado e circu- lar ou achatado e esférico para utilizar na pesca de mar ou de río. • Ola do viño. Xerra grande de vimbio, medida para o viño de 16 litros. • Patela. Cesta de vergas de madeira, con entrela- zado de dameiro, para a venda do peixe. • Patela do Quiñón. Cesta de vergas de madeira para que o pescador leve para a casa a parte correspondente da pesca, o quiñón. • Paxe de Viveiro. Cesto de varas de madeira ou vimbio para o transporte de medidas do campo. • Sancosmeiro. Sombreiro de palla feminino en San Cosme ou na comarca de Noia, e tamén noutras como A Barcala, O Sar, Santiago, Barbanza. ou Xallas • Terzo. Cesta ou cesto de vergas de madeira e entrelazo en dameiro para transporte de produtos do campo. • Vetillo Aparello semiesférico de vimbios, vergas ou de arames entretecidos, que se lles coloca a algúns animais no fociño para que non coman nin mamen. CERÁMICA • Alcuza. Recipiente de barro para o aceite de Niñodaguia. • Olería. Técnica de moldear recipientes con barro no que se necesita a extracción de barro, o torneado ou o uso do torno, cocido e secado. Paulatinamente introdúcese o vidrado e a profusión decorativa no mesmo barro ou con pinturas de óxido. • Almufía. Recipiente de barro para recoller o sangue da matanza de Niñodaguia. • Ámboa. Gran recipiente de barro para almacenar líquidos ou cereal. • Bamio. Olería desaparecida desta localidade Carril, Vilagarcía de Arousa. Os oleiros desta zona eran denominados louceiros. Non había barro nesta localidade polo que se extraía dos fondos mariños da enseada da Toxa. A decoración é escasa e utilizaban o vidrado a través do moído da galena. Barreñóns, cántaros, olas e tamén tarros e mace- tas, moi características en Bamio. • Barreña. Recipiente de boca ancha para os usos da matanza. • Barreñón. Recipiente de boca ancha para a zorza. • Barreñona. Recipiente de boca ancha para mondar patacas, verdura e usos de cociña en xeral. • Barrila. Recipiente de barro para o viño ou a auga. • Betanzos. Parece posible que antigos artesáns de Buño se instalasen en Betanzos entre os sécu- los xviii e xix e orixinasen a tradición oleira en Betanzos. O barro extraíase duns terreos pantano- sos próximos a Betanzos. Para cubrir a superficie das vasillas utilizábase un barro branco da zona de Oleiros. A decoración máis antiga está directa- mente influída por Buño, concretamente o encin- tado con barro branco, flores ou puntos aplicados con pluma ou garfos. Os recipientes de Betanzos pouco a pouco vanse despoxar de decoración para