Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 381

379 con clara tendencia á utilización dos oficios e os acabados artesanais nas súas producións, neste caso a prol dun compromiso co medio en clave de sustentabilidade. Desde a Antigüidade clásica a artesanía vese abocada a un papel secundario con respecto ás artes ou saberes considerados maiores. As nocións de ‘artesán’ e ‘técnica’ forman parte das reflexións dos teóricos do momento, pero a figura do facedor de obxectos non vai ter unha alta valoración dentro da polis grega. A artesanía considérase como produción do necesario, pero ao servizo das necesidades da politeia2. Polo tanto, a través da técnica aplicada aos oficios, e a unha familiarización na repeti- ción e transferencia destes, posibilitarase a evolución do ser humano; o artesán utilizará a técnica como un dominio sobre o medio e a materia, nun traballo desenvolvido e entendido sempre para a cidadanía, nun sis- tema entendido como unha transmisión de fórmulas repetitivas necesarias para a vida social ou doméstica. Aparece por tanto en Grecia o concepto de techné, que non se traduce literalmente como técnica. Tanto para Platón como para Aristóteles a techné está máis nas mans dos enxeñeiros ou médicos que nas dos oleiros ou tecedoras. En ambos os teóricos clásicos este concepto lígase á conceptualización das ideas, da ciencia e do coñecemento en xeral, marxinando a artesanía como formuladora de conceptos. Esta ponderación clásica das artes e as ciencias vai en detri- mento do papel dos artesáns na sociedade, e seguirá presente na historia da súa valoración ata mediados do século xix, e negándoselle a conforma- ción as bases teóricas que posibilitan esa demanda obxectual. Resultará evidente como a Academia neoclásica volve a retomar ese mesmo pre- cepto, relegando as artes consideradas menores a un papel secundario. A repetición dun mesmo traballo ao longo dos anos ve o seu exemplo na asociación gremial, o taller, cunha organización perfectamente establecida xa no período medieval. A estrutura gremial establece unha relación piramidal de formación e constitúese unha familia de traballo entre o aprendiz, o oficial e o mestre, os tres graos do artesán. O gremio está destinado a producir para a colectividade, dun xeito máis ou menos rápido e eficaz. A partir do Renacemento empeza a xurdir unha nova valoración de certos mestres artesáns, pois diferénciase a figura do artista coma un mestre que xa destaca pola orixinalidade dos seus traballos, des- tinado só a uns poucos privilexiados, os denominados mecenas ou clientes. Aínda que a organización destes primeiros artistas era moi similar ao gre- mio, a unicidade das súas obras e o ritmo máis lento no proceso materiali- zador3 distingue outra categoría que agora vai ver nacer ao creador/artista, dun xeito autónomo. Neste sentido a historia divide claramente a arte e a artesanía, dicotomía sempre presente: artes maiores e menores, artes decorativas, artes e oficios fronte a pintura, a escultura, a arquitectura… A evolución do artesán nos séculos posteriores ao Renacemento, desprovisto dun